domingo, 28 de octubre de 2012

Roteiro de Riamontes. Roteiro da auga (Ames)


Ver mapa mais grande
O domingo 28 de outubro tivo lugar III Andaina Concello de Ames polo roteiro deRiamontes, organizada pola concellaría de Medio Ambiente, a través da Aula da Natureza. Roteiro circular de sete quilómetros andando polos arredores do regato e dos muíños que hai no seu contorno. Comenza e remata na aldea do Vilar, na parroquia de Ames, subindo o Alto de San de Marcos onde puideron gozar de panorámicas do Val da Maía:

 
 
 


martes, 9 de octubre de 2012

Morcegos, Ríos e Persoas

As ribeiras dos nosos ríos son espazo de refuxio e alimento duns mamíferos que poucas veces se poden ver: os morcegos. Coa intención de achegarnos ao mundo destes descoñecidos mamíferos nos entornos fluviais, Proxecto Ríos e Drosera organizan para o 20 de outubro unha xornada na Aula de O Rexo e Allariz. O encontro “Participación social e a conservación dos morcegos nos ecosistemas fluviais” realizarase na tarde do sábado 20 de outubro. O obxectivo da mesma é dar a coñecer a importancia dos quirópteros fluviais e sobre todo descubrir qué podemos facer cada un de nós para axudar na súa conservación. (Descarrega o cartaz das xornadas)
Contaremos cunha charla sobre os morcegos e unha mesa redonda na que se presentarán diferentes iniciativas de estudo, conservación e voluntariado con estes interesantes mamíferos. Ao final do día haberá unha saída de campo para identificación de morcegos.
 Programa:
16.30 Presentación
           Virginia Rodríguez. Coordenadora do Proxecto Ríos
            Roberto J. Hermida. Drosera
16.40 Charla-debate
            Importancia dos ecosistemas fluviais para os morcegos Roberto J. Hermida. Drosera
18. 00 Mesa redonda
            Persoas que custodian morcegos  Roberto J. Hermida. Drosera
             Programa de seguemento de morcegos Quirorius  Lídia Freixas Mora. Museo de Granollers
             Modera: Ramsés Pérez. Proxecto Ríos
19.30 Merenda-cea
20.00 Observación e escoita de morcegos durante a actividade nocturna

Actividade gratuita  e prazas limitadas.  Traer lanterna e bocata
Inscricións: tlf 616 238 050 (Ramsés) email: ramses@adega.info
Iniciativa: ADEGA
Organiza: Proxecto Ríos e Drosera
Promove: Confederación Hidrográfica Miño-Sil e Augas de Galicia
Colabora: Reserva da Biosfera Área de Allariz e Centro de Educación Ambiental  O Rexo.

IV Andaina Concello de A Merca 2012


Nome da Proba: IV Andaina Concello de A Merca.
Organiza: Concello de  A Merca.
Colabora: Bar Parroira, aBroaSendeirismo
Data: 14 de outubro de 2012.
Distancia do percorrido: 19,7 quilómetros.
Información:  Na web do Concello de A Merca.
Inscrición: 
As inscricións realizaranse ata o 11 de Outubro a través da web do Concello de A Merca.  O custe será de 5 €.