martes, 14 de abril de 2015

AVISO IMPORTANTE



  • Suspéndese a actividade deste blog, polo que deixará de actualizar ou engadir nova información.

  • Os contidos actuais non se eliminarán e seguirán abertos para consulta ou descarga. 

(Abril 2015)

jueves, 29 de enero de 2015

ROTEIRO de A BROA



 Ano    Inauguración2015 Punto de  partida/chegada: Bar Parroira (Fontao).
 Lugar: Concello da Merca (Ourense) Servizos: en A Parroira, Corvillón, Allariz, Celanova, Podentes.
 Accesos: Dende a OU-300 que vai de Allariz  a Celanova, en Corvillón desviarse a dereita pola OU-0205 cara A Merca, Zarracós, Olás... Puntos de  interese: Ponte Ermida, A Lera, San Cibrao, Fonte dos ollos, Penedo da nosa señora, Río Arnoia, Canal do Ruca etc.
 Información: 
abroasendeirismo.blogspot.com
http://www.barparroira.com/


Itinerario:

O roteiro ten unha lonxitude aproximada de 13,4 Km, con deseño circular. Saímos do bar Parroira e baixamos ata Fontao. Bordeamos a antiga escola, agora restaurada, e xiramos a dereita para seguir polo “camiño dos Pequenos” ata chegar a estrada asfaltada, descendendo uns metros e continuar a dereita na “curva do Cancelo” pola pista de terra. Chegamos ao “carballo do Ferreiro”, e no cruce seguiremos recto polo camiño de Magarelos, ata chegar a unha nova indicación que nos manda xirar a esquerda para descender polo “camiño do Poulo”, ata atoparnos co camiño que ven da Portela. Neste punto seguimos a esquerda descendendo ata chegar a carón do río Arnoia, na “presa do Cholas”. Continuamos pola marxe esquerda, deixando a nosa dereita os restos da presa, ponte e muíños en ruínas. Seguimos o camiño ancho e ascendemos ata o pobo abandonado da “Ponte Ermida” . Saímos atravesando un pequeno regueiro e continuamos a media ladeira por enriba da “presa do Cándido”, ata chegar a un desvío a esquerda para seguir polo “camiño do Cándido” ata a zona do “Castelo”. Continuamos polo camiño a dereita na zona da “Fonte Vella” ata chegar ao pobo de Covas do Río. Seguindo as indicacións chegamos a “aira da Otilia”, continuando pola canella que vemos en fronte para saír a un souto e continuar polo carreiro, ata a zona do “Covelo”. Seguimos a esquerda e ascendemos polo “camiño de Morgade” ata a zona das “hortas de Salpurido”, deixando ao noso paso a dereita os penedos chamados “o coto das Moás”. A dereita descendendo polo “camiño da Fraga” chegamos despois de baixar un pequeno zigzag ata a “fontela da Fraga”. Continuamos por esta fermosa paraxe colgados sobre o río Arnoia, chegando a divisar a nosa dereita o “Canal do Ruca” sobre a marxe dereita do río. Seguindo as indicacións atravesamos Entrambosríospasando a carón da capela, para saír de novo a estrada, e logo continuar polo camiño que en lixeiro ascenso nos leva ata Olás. Veremos unha indicación do roteiro debaixo da pista polideportiva. Chegamos de novo a estrada e xiramos a esquerda para antes da fonte subir a dereita, pola zona dos canastros ata ver de novo unha sinal que nos indica que seguiremos a esquerda, para ir dirección ”a fonte dos Ollos”. Podemos desviarnos uns metros a dereita para ver este famoso penedo ou seguir a nosa esquerda pola estrada uns 150 metros, para logo desviarnos a dereita baixando polo piñeiral ao pobo de Oxén. Seguimos a esquerda e sen desviarnos chegamos ao “Camiño Real”. No cruce, de novo a esquerda continuamos ata “o Campo Grande”. Avanzamos ata chegar a estrada da Rebola. Cruzamos e a 50 metros continuamos recto para seguir polo “Camiño Real” ata chegar de novo o Bar Parroira.

Perfil do Roteiro:



Mapa elaborado por aBroaSendeirismo:



Roteiro en Google Maps:




Descargar Track en   KmzGpx


Folleto do Roteiro:

















lunes, 26 de enero de 2015

SINALIZACIÓN do ROTEIRO DE A BROA


Como se adiantou aos socios, no mes de agosto de 2014, presentóuse un resumo do proxecto no que se estaba traballando, sobre a sinalización dun roteiro na nosa zona.

Rematado a fase de estudo, entrégase no concello a documentación necesaria para poder iniciar as tarefas de acondicionamento do roteiro:

A documentación entregada incluía o seguinte:

1.- Memoria descriptiva do Proxecto de sinalización do "Roteiro da Broa"
2.- Orzamento necesario para levar a cabo a sinalización
3.- Autorizacións dos Concellos de A Bola e de Allariz, para a colocación de balizas dentro dos límites destes concellos.

Para os que queirades coñecer máis a fondo esta iniciativa, podedes consultar a memoria presentada, no seguinte enlace:http://goo.gl/y1E4oq

Despois de recibir notificación do concello da Merca, coa aprobación do proxecto, comenzamos as tarefas de sinalización.

A primeira fase está rematada, coa colocación de balizas e de sinais e letreiros de sitios pintorescos.

Nuns días intentaremos ter rematado a 2º fase, que consiste en completar a sinalización do roteiro con marcas de pintura, e a colocación dun Panel Informativo no inicio do roteiro.

A idea é poder inaugurar o roteiro a finais de febreiro ou primeiros de marzo, sempre que non teñamos contratempos inesperados.

Gracias a todas/os as/os que colaborades nesta iniciativa.


Sinalización 1º Tramo: Parroira - Covas do Río (10-01-2015)









Sinalización 2º Tramo: Covas do Río - Olás (12-01-2015)







Sinalización 3º Tramo: Fonte dos ollos - Parroira (17-01-2015)






Descargar Track en  KmzGpx

lunes, 30 de junio de 2014

I Xornada de Limpeza Voluntaria

Gracias a todos os que participastedes, pola vosa colaboración na I Xornada de Limpeza Voluntaria.



¡ Despois dunha dura xornada non hai nada mellor que sentarse a mesa !

TRAMOS EXECUTADOS

6.-COVAS DO RÍO, HORTAS DE SALPURIDO (900 metros) :

7.- CAMIÑO DA FRAGA (1950 metros)

8.- CAMIÑO DE ENTRAMBOSRÍOS A OLAS (700 metros):

11.- CAMIÑO REAL (1300 metros):

12.- CAMIÑO REAL TRAMO PARROIRA (500 metros):


TRAMOS PENDENTES DE LIMPEZA

3.- TRAMO CAMIÑO DO POULO (700 metros):

4.- TRAMO CAMIÑO DA PORTELA, PRESA DO CHOLAS, PONTE ERMIDA (1000 metros):

5.- PONTE ERMIDA, CANDIDO, CASTELO, COVAS DO RÍO (880 metros):


TRAMOS A REVISAR

 1.- TRAMO CAMIÑO DOS PEQUENOS (400 metros):

2.- TRAMO CARBALLO DO FERREIRO CAMIÑO MAGARELOS (500 metros):

9.- CAMIÑO DA FONTE DOS OLLOS (700 metros):

10.- CAMIÑO DO PIÑEIRAL EN OLAS (600 metros):