martes, 15 de enero de 2013

VALORACIÓN DAS ACTIVIDADES E ROTEIROS



Lembramos que na sección OPINA do blog de aBroasendeirismo podedes facer valoración das actividades e roteiros. ¡Animamos! a todas e todos a empregar o formulario para dar as vosas opinións.
A continuación podedes ver os comentarios e suxerencias feitos por usuarios de aBroaSendeirismo.


COMENTARIOS :

Roteiro do 23 de Outubro de 2011 (23/10/2011)

  • “SIXELAMENTE: ESQUISITA.”
  • “Non quero destacar soamente esta actividade, senon todas as que se fixeron. Todas teñen o seu encanto, polo tanto so me resta felicitar a quen as organiza.”
  • “O ambiente agradable e a paisaxe, asi coma os camiños limpos e faciles de transitar”
  • “Deberiamos levar unhos bocatas e facer unha paradiña , o xantar non ten por qué levarse mal co deporte . Por iso poño un 9, se non sería un 10.”

II ROTEIRO PARROIRA BIKE (09/10/2011)

  • "El recorrido, la organización.. Lo que menos que algunos ya nos pesan los años y esto es para profesionales muy jovenes..je,je,je.."

Roteiro domingo 19 de xuño de 2011(19/06/2011)

  • “o mellor a ruta en xeral, trayecto fácil, boa paisaxe, conocer sitios novos, o peor o que describo mais abaixo, o horario, deberia ser mais cedo no verán”

Roteiro do domingo 15 de maio de 2011(15/05/2011)

  • "recordos dos lugares, roteiros pouco transitables, Moy interesante"

Roteiro do 27 de Novembro de 2011. Desfruta do Outono (27/11/2011)

  • “Destacaria o bo ambiente que se desfruta nos roterios,o que menos me gustou ese famoso escombro  (LADRILLOS,AZULEJOS,,,,,) que sempre nos atopamos nos fermosos camiños que temos.Voto por facer unha KEDADA para retirar ese escombro que tanto afea unha bonita ruta.”

Roteiro do 22 de Xaneiro de 2012. 1º Roteiro de 2012

  • “creo que saíu perfecta. Polo tanto todo, incluido os callos”

Roteiro do 26 de Febreiro de 2012 (26/02/2012)

  • " Gustoume o grado de dificultade, e pasar por diante de fincas propias, que levaba mais de 20 anos sin velas. Nada que reprochar, polo tanto interesante."

Domingo...De Roteiro (02/12/2012)

  • “Unha ruta moi interesante e ben preparada con información precisa do guia Alberto. Moi ben.”


SUXERENCIAS:

  • “Entendendo que non é sinxelo que o grupo chegue xunto, dado que cada un ten distinta velocidade de cruceiro, tal vez se poideran faer dous grupos. Un para levar un ritmo un pouco mais rápido, e outro un pouco mais lento.”
  • “Facer as rutas mais a miudo, anque sean mais pequenas e unha maneira de ver a xente e falar coa xente dos pobos.”
  • “as andainas no verán deberianse empezar antes, porque esta en concreto foi a partir das 10 e fai bastante calor, eu opino que terían que empezar mais cedo, do resto muy ben, gustoume a ruta”
  • “Levar un pinchiño.”
  • “Xuntanza para sacar ese lixo nos 2 tramos concretos polo cal foi o roteiro de onte.”
  • “De cara a primavera, si e posible, aumentar o recorrido nun par de kilómetros. Cantos mais roteiros se fagan mellor”
  • "Creo que nesta ocasión o percorrido foi mais longo ca en algunhas ocasións anteriores, cousa que me pareceo ben (suficiente) e no que fae referencia a andaina do día da comida desde o meu punto de vista, creo que sería acertado acortala.  "

martes, 6 de noviembre de 2012

Vai de Cogumelos......

Tricholoma Sulphureum

 
 Leccinum Scabrum

Lactarius Circellatus

 
Boletus Edulis

  Boletus Edulis

  Clitocybe Odora

  Boletus Erythropus

 Boletus Edulis



******************   Ver máis fotos en Album Outono   ****************



jueves, 1 de noviembre de 2012

III Roteiro Parroira Bike 2012

A dirección de GASTRO-BAR PARROIRA máis o CLUBE CICLISTA DUAS RODAS, teñen o placer de invitarvos o 3º Parroira Bike o vindeiro 4 de novembro de 2012.
Mais info en ccduasrodas.com




Ver mapa mais grande


Baixando polo camiño fondo da Fonte dos Ollos


Pequeno atasco subindo a canella dos Trizós, en Zarracós




by-nc-nd 

domingo, 28 de octubre de 2012

Roteiro de Riamontes. Roteiro da auga (Ames)


Ver mapa mais grande
O domingo 28 de outubro tivo lugar III Andaina Concello de Ames polo roteiro deRiamontes, organizada pola concellaría de Medio Ambiente, a través da Aula da Natureza. Roteiro circular de sete quilómetros andando polos arredores do regato e dos muíños que hai no seu contorno. Comenza e remata na aldea do Vilar, na parroquia de Ames, subindo o Alto de San de Marcos onde puideron gozar de panorámicas do Val da Maía:

 
 
 


martes, 9 de octubre de 2012

Morcegos, Ríos e Persoas

As ribeiras dos nosos ríos son espazo de refuxio e alimento duns mamíferos que poucas veces se poden ver: os morcegos. Coa intención de achegarnos ao mundo destes descoñecidos mamíferos nos entornos fluviais, Proxecto Ríos e Drosera organizan para o 20 de outubro unha xornada na Aula de O Rexo e Allariz. O encontro “Participación social e a conservación dos morcegos nos ecosistemas fluviais” realizarase na tarde do sábado 20 de outubro. O obxectivo da mesma é dar a coñecer a importancia dos quirópteros fluviais e sobre todo descubrir qué podemos facer cada un de nós para axudar na súa conservación. (Descarrega o cartaz das xornadas)
Contaremos cunha charla sobre os morcegos e unha mesa redonda na que se presentarán diferentes iniciativas de estudo, conservación e voluntariado con estes interesantes mamíferos. Ao final do día haberá unha saída de campo para identificación de morcegos.
 Programa:
16.30 Presentación
           Virginia Rodríguez. Coordenadora do Proxecto Ríos
            Roberto J. Hermida. Drosera
16.40 Charla-debate
            Importancia dos ecosistemas fluviais para os morcegos Roberto J. Hermida. Drosera
18. 00 Mesa redonda
            Persoas que custodian morcegos  Roberto J. Hermida. Drosera
             Programa de seguemento de morcegos Quirorius  Lídia Freixas Mora. Museo de Granollers
             Modera: Ramsés Pérez. Proxecto Ríos
19.30 Merenda-cea
20.00 Observación e escoita de morcegos durante a actividade nocturna

Actividade gratuita  e prazas limitadas.  Traer lanterna e bocata
Inscricións: tlf 616 238 050 (Ramsés) email: ramses@adega.info
Iniciativa: ADEGA
Organiza: Proxecto Ríos e Drosera
Promove: Confederación Hidrográfica Miño-Sil e Augas de Galicia
Colabora: Reserva da Biosfera Área de Allariz e Centro de Educación Ambiental  O Rexo.

IV Andaina Concello de A Merca 2012


Nome da Proba: IV Andaina Concello de A Merca.
Organiza: Concello de  A Merca.
Colabora: Bar Parroira, aBroaSendeirismo
Data: 14 de outubro de 2012.
Distancia do percorrido: 19,7 quilómetros.
Información:  Na web do Concello de A Merca.
Inscrición: 
As inscricións realizaranse ata o 11 de Outubro a través da web do Concello de A Merca.  O custe será de 5 €.

domingo, 23 de septiembre de 2012

COÑECENDO OS MISTERIOS DO MONTE PINDO

O sábado 22 de setembro organizado pola asociación Monte Pindo Parque Natural, poidemos asistir a un roteiro circular, deseñado para visitar algúns dos puntos máis interesantes da orografía do monte sacro dos nosos antergos (O Olimpo Celta), coma o Pico Penafiel ou a Cova da Xoana e facendo cumio na Laxe da Moa. 
O obxectivo deste roteiro, é a petición de que o Monte Pindo sexa Parque Natural, para asi corrixir os graves déficits na súa sinalización, e a formación, como o único xeito de minimizar o risco de perderse.
O roteiro partiu do lugar do Fieiro, para emprender o ascenso cara á Laxe da Moa, onde fixemos cumio (627 m), desfrutando dunha das panorámicas máis impresionantes do sur da Costa da Morte, cunha perfecta visibilidade dende Corrubedo ata o Cabo Fisterra. Despois de rodear o pico, collemos rumbo á Cova da Casa Xoana , unha pintoresca grota que perfora en dirección este-oeste un outeiro. Descendemos polo Rego Candelas para visitar o Peñafiel, o famoso curuto piramidal ao que a historia atribúeun castelo derrubado pola 2ª Revolta Irmandiña, para finalmente voltar ao Fieiro. Perto de 12 quilómetros con dificultade media-alta.
O longo do día e despois de camiñar 7 horas, poidemos desfrutar de:

ESPECTACULARES PANORÁMICAS


RESTOS DE FORTIFICACIÓNS


FORMAS CAPRICHOSAS DA NATUREZA
 

INSCRIPCIÓNS MEDIEVAIS

COVAS
 



Roteiro moi fermoso, no que ademáis poidemos contar coa presenza e sabiduría de Pepe do Fieiro

¡¡¡¡¡¡¡ MONTE PINDO PARQUE NATURAL !!!!!!!

---- Album de fotos ano 2005 ----




sábado, 25 de agosto de 2012

Roteiro de 11 Km. Subida o San Cibrao


Descrición

Saimos do bar Parroira hacia Rubiás pola estrada das veigas, subindo pola antigua tienda ata chegar a un falso llano, a uns 2 Km, e coller o desvío que a esquerda nos leva o cruce de camiños no outeiro de corvillón coñecido como a "cruz de regos". Collemos a nosa dereita para atravesar uns lameiros e sen desviarnos do camiño chegamos a un altiño con terras traballadas, continuamos polo camiño que entre carballos e castiñeiros nos leva a pista de terra que sube o San Cibrao. Continuamos ata Vilar, para coller a pista que en lixeiro ascenso nos deixará na pista que sube da Limia. Collemos a esquerda para subir ata a capela. Baixamos pola pista e os poucos metros torcemos a dereita, para no seguinte cruce coller a esquerda e en descenso chegar a antigua fontela. Aqui nos desviamos a dereita, para descender ata o "Penedo da Moura", o que bordeamos, e seguir ata o novo cruce de pistas. Desviamonos a esquerda e novamente a esquerda para pasar polos "Casares" e chegar a Forxás dos Montes. Na explanada da fonte, collemos o "camiño da cruz de regos" a esquerda que nos volve levar o outeiro de Corvillón. Seguimos a dereita  polo "camiño do monte" e antes de chegar o "penedo da nosa señora" baixamos  a nosa esquerda ata chegar a estrada de Celanova. Cruzamos e seguimos baixando ata a estrada das veigas. Seguindo esta a dereita chegamos a Molinera e a Parroira
En total son 11.7 Km de percorrido moi fermoso, entre carballerias, soutos, e con vistas sobre o val do río arnoia e da Limia.


 
by-nc-nd