jueves, 27 de junio de 2013

Gañadores Concurso "Adiviña onde estou"

Roteiro do 30 de xuño de 2013

O 3º gañador/a do concurso "Adiviña onde estou" foi: María Luisa Fernández Alvarez.
Das 3 persoas que acertaron a situación da foto, a primeira resposta rexistrada foi a de María Luisa.

A foto empregada no cartaz do roteiro do 30 de xuño de 2013, estaba feita perto de Rubillós, unha vez cruzado o regueiro que nos da acceso o camiño que leva o inicio da canle do Ruca.
Na imaxe pódese apreciar a localización da fotografía.


¡¡¡ Parabéns a gañadora !!!
Entrega do agasallo a 3º gañadora do concurso "Adiviña onde estou"


Roteiro do 2 de xuño de 2013

Esta vez non houbo gañador do concurso "Adiviña onde estou" 

A foto empregada no cartaz do roteiro do 2 de xuño de 2013, estaba feita dende o canal do Ruca, e amosa o penedo que colga sobre o "Pozo dos Mortos"





Roteiro do 21 de abril de 2013

O 2º gañador do concurso "Adiviña onde estou" foi: Suso Martínez Fernández

A foto empregada no cartaz do roteiro do 21 de abril de 2013, estaba feita no camiño que leva de Olás a Entrambosríos, xusto onde se cruza o regueiro.
Na imaxe pódese apreciar a localización da fotografía.


¡¡¡ Parabéns ao gañador !!!

 Entrega do agasallo ao 2º gañador do concurso "Adiviña onde estou"

Roteiro do 24 de marzo de 2013

O 1º gañador do concurso "Adiviña onde estou" foi: Pablo Fernández Feijóo

A foto empregada no cartaz do roteiro do 24 de marzo de 2013, estaba feita preto de Salpurido, no camiño que nos leva a Fraga ("Camiño do piorno", na zona de "A horta").
Na imaxe pódese apreciar a localización da fotografía.


 ¡¡¡ Parabéns ao gañador !!!

 Entrega do agasallo ao 1º gañador do concurso "Adiviña onde estou"

lunes, 17 de junio de 2013

EXPOSICIÓN "CANDO OS PENEDOS DABAN PAN" (CORVILLÓN)

Continuando coa a exposición "Cando os penedos daban pan" , agora tócalle a zona da parroquia de Corvillón. 

Lembramos que consiste en amosar en 2 paneis a transformación producida no territorio co paso do tempo. 
 Corvillón 1956                                  Corvillón 2011

Dende o pasado domingo 16, Lembrade que se pode ver en Bar Parroira

martes, 14 de mayo de 2013

domingo, 14 de abril de 2013

EXPOSICIÓN "CANDO OS PENEDOS DABAN PAN"

Continúa a exposición "Cando os penedos daban pan"

Lembramos que consiste en amosar en 2 paneis a transformación producida no territorio co paso do tempo. A zona elexida se corresponde coas 4 parroquias ao sur do concello de A Merca, separadas do resto por un elemento xeográfico natural como é o río arnoia. Na imaxe seguinte se pode ver a distribucción dos paneis que abranguen as parroquias de Corvillón, Entrambosríos, Olás e Zarracós.
Mapa de localización

Empezamos pola parroquia de Entrambosríos, para continuar despois amosando as 3 restantes.Como anticipo deixamos un avance do que serán as imaxes que completan a exposición.
Lembrade que se pode ver en Bar Parroira

Entrambosríos 1956

Entrambosríos 2011

Olás 1956

Olás 2011

Zarracós 1956                                 Zarracós 2011



Máis información.....

sábado, 23 de marzo de 2013

"Cando os penedos daban pan"

“Cando os penedos daban pan”, é o nome elixido para a presentación dunha pequena exposición coa que queremos amosar os cambios acontecidos na ocupación do solo da nosa zona.

O entorno que nos rodea non sempre tivo o aspecto actual, e grazas á visión aérea, identificaremos cambios moi evidentes, froito principalmente das costumes, hábitos, actividades ou fenómenos sociais moi diferenciados.

Isto non pretende ser un estudio socioeconómico, nin moito menos analizar as causas que motivaron estes profundos cambios no uso e ocupación do solo, simplemente perseguimos plasmar de maneira gráfica este fenómeno, e axudándonos coa información de fotos aéreas poder comparar os cambios que sufriu o territorio.

Como esta claro que non podemos trasladarnos a aqueles anos, aproveitaremos novas tecnoloxías e a información xeográfica dispoñible, para poder ver e analizar a transformación do territorio, dende os anos 50 ata os nosos días.

Para algúns será sorprendente ver como era o seu pobo nos anos 50, e que as mimosas ou piñeiros que agora ven, non estaban alí, para os máis vellos, supoño que lles traerá moitas lembranzas, recoñecendo lugares, camiños ou leiras. Atoparemos zonas agrícolas transformadas en zonas forestais, aparición de especies invasoras, novas infraestructuras, unha vasta rede de camiños para comunicar os pobos e as leiras que desaparecen, etc..

A exposición consistirá en amosar en 2 paneis o antes e o momento actual. Para facelo a unha escala na que se poida apreciar os cambios, estrutúrase a exposición en 4 fases. En cada período de tempo amosaremos unha zona, que en principio se corresponderán co ámbito das 4 parroquias ao sur do río arnoia, no concello de A Merca, a coñecida “zona da Broa”.

Empezaremos pola parroquia de Entrambosríos, para continuar despois coas parroquias de Olás, Zarracós e Corvillón.

Para a detección dos cambios, empregamos a información facilitada polas ortofotografías do Voo americano do ano 1956 -1957, e polas ortofotografías aéreas do ano 2011.

Así mesmo tamén poderemos ollar e comprobar a toponimia oficial do proxecto “Toponimia de Galicia”.

Máis información.....


domingo, 3 de marzo de 2013

martes, 15 de enero de 2013

Domingo......de Roteiro (27/01/2013)


As foticas do presi.....


O rio Arnoia en todo o seu esplendor 


VALORACIÓN DAS ACTIVIDADES E ROTEIROS



Lembramos que na sección OPINA do blog de aBroasendeirismo podedes facer valoración das actividades e roteiros. ¡Animamos! a todas e todos a empregar o formulario para dar as vosas opinións.
A continuación podedes ver os comentarios e suxerencias feitos por usuarios de aBroaSendeirismo.


COMENTARIOS :

Roteiro do 23 de Outubro de 2011 (23/10/2011)

  • “SIXELAMENTE: ESQUISITA.”
  • “Non quero destacar soamente esta actividade, senon todas as que se fixeron. Todas teñen o seu encanto, polo tanto so me resta felicitar a quen as organiza.”
  • “O ambiente agradable e a paisaxe, asi coma os camiños limpos e faciles de transitar”
  • “Deberiamos levar unhos bocatas e facer unha paradiña , o xantar non ten por qué levarse mal co deporte . Por iso poño un 9, se non sería un 10.”

II ROTEIRO PARROIRA BIKE (09/10/2011)

  • "El recorrido, la organización.. Lo que menos que algunos ya nos pesan los años y esto es para profesionales muy jovenes..je,je,je.."

Roteiro domingo 19 de xuño de 2011(19/06/2011)

  • “o mellor a ruta en xeral, trayecto fácil, boa paisaxe, conocer sitios novos, o peor o que describo mais abaixo, o horario, deberia ser mais cedo no verán”

Roteiro do domingo 15 de maio de 2011(15/05/2011)

  • "recordos dos lugares, roteiros pouco transitables, Moy interesante"

Roteiro do 27 de Novembro de 2011. Desfruta do Outono (27/11/2011)

  • “Destacaria o bo ambiente que se desfruta nos roterios,o que menos me gustou ese famoso escombro  (LADRILLOS,AZULEJOS,,,,,) que sempre nos atopamos nos fermosos camiños que temos.Voto por facer unha KEDADA para retirar ese escombro que tanto afea unha bonita ruta.”

Roteiro do 22 de Xaneiro de 2012. 1º Roteiro de 2012

  • “creo que saíu perfecta. Polo tanto todo, incluido os callos”

Roteiro do 26 de Febreiro de 2012 (26/02/2012)

  • " Gustoume o grado de dificultade, e pasar por diante de fincas propias, que levaba mais de 20 anos sin velas. Nada que reprochar, polo tanto interesante."

Domingo...De Roteiro (02/12/2012)

  • “Unha ruta moi interesante e ben preparada con información precisa do guia Alberto. Moi ben.”


SUXERENCIAS:

  • “Entendendo que non é sinxelo que o grupo chegue xunto, dado que cada un ten distinta velocidade de cruceiro, tal vez se poideran faer dous grupos. Un para levar un ritmo un pouco mais rápido, e outro un pouco mais lento.”
  • “Facer as rutas mais a miudo, anque sean mais pequenas e unha maneira de ver a xente e falar coa xente dos pobos.”
  • “as andainas no verán deberianse empezar antes, porque esta en concreto foi a partir das 10 e fai bastante calor, eu opino que terían que empezar mais cedo, do resto muy ben, gustoume a ruta”
  • “Levar un pinchiño.”
  • “Xuntanza para sacar ese lixo nos 2 tramos concretos polo cal foi o roteiro de onte.”
  • “De cara a primavera, si e posible, aumentar o recorrido nun par de kilómetros. Cantos mais roteiros se fagan mellor”
  • "Creo que nesta ocasión o percorrido foi mais longo ca en algunhas ocasións anteriores, cousa que me pareceo ben (suficiente) e no que fae referencia a andaina do día da comida desde o meu punto de vista, creo que sería acertado acortala.  "