lunes, 13 de junio de 2011
Roteiro domingo 19 de xuño de 2011
domingo, 12 de junio de 2011
Roteiro de 8,5 km. Zarracós - Salpurido - Entrambosrios - Campos - Olás - Zarracós
Perfil Roteiro
Descrición
Saimos do campo da festa de Zarracós para dirixirnos ao piñeiral e chegar "O Couto". Saimos a estrada e aos poucos metros collemos unha canella que en lixeiro descenso nos levará ata Salpurido. Percorremos o pobo e saindo dirección o Casal deixamos a estrada, collendo o primeiro desvío a nosa dereita ata chegar a un cruce de camiños. Aqui seguiremos pola esquerda, polo camiño "da Fraga", que nos levará ata o pobo de Entrambosrios. Dende aqui seguiremos polo camiño que no fondo do pobo leva ata Campos. Saimos a estrada que sube dende Vilariño, para uns metros mais arriba, coller o camiño da dereita, coñecido como o "camiño dos mortos" ata chegar a Olás. Percorremos o pobo pasando diante da igrexa e a nosa dereita seguiremos para de novo a dereita deixar o pobo. Ao chegar ao camiño que nos levaría ata a fonte dos ollos, seguimos polo camiño ancho que sae a nosa esquerda, para chegar a estrada. Seguimos a nosa esquerda baixando pola estrada ata o primeiro camiño que sae a dereita, que polo "Loureiro" nos levará a fonte de Zarracós. Dende aqui subimos a dereita polos Trizós para coller a canella que entre soutos nos leva a estrada do cruce das santas. Dende aqui collemos a esquerda para chegar de novo ao campo da festa de Zarracós.
Este obra está bajo una licencia Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-SinObraDerivada 3.0 Unported.
miércoles, 25 de mayo de 2011
Roteiro domingo 15 de maio de 2011
LIGAZÓNS ALBUMS DE FOTOS
Album de Xurxo Dorrego
***************************************************************************
martes, 10 de mayo de 2011
Roteiro do domingo 15 de maio de 2011
Roteiro de 9 Km. A Parroira - Rubias - Vilar - Casal de Maus - Magarelos - Fontao - A Parroira
Perfil Roteiro
Descrición
Saimos da Parroira e collemos a estrada que nos leva a Rubias. Unha vez atravesamos o pobo, cruzamos a estrada de Celanova, para seguir un camiño que nos levará ata a pista de terra que sube o San Cibrao. Chegamos ao cruce de Vilar, e xusto cano a pista colle pendente, a nosa esquerda sae un camiño que nos levará ata o Outeiro de Corvillón. Pasado o Penedo da nosa señora e antes de chegar o insurtiño collemos o desvío que sae a nosa dereita e que nos levará ata Casal de Maus. Dende aqui seguimos ata Magarelos. Cruzamos o pobo e collemos o camiño que sae a nosa esquerda, ata chegar a unha nova encrucillada. A esquerda seguimos o camiño que nos leva por soutos e carballeiras ata o carballo do Ferreiro e a estrada de Covas do Rio. Uns metros mais arriba a dereita empeza o camiño "dos pequenos" que nos leva ata Fontao. Atravesamos o pobo e voltamos a estrada que nos deixa outra vez na Parroira.
Este obra está bajo una licencia Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-SinObraDerivada 3.0 Unported.
domingo, 8 de mayo de 2011
Fotos da III camiñada Concello de A Merca
sábado, 7 de mayo de 2011
III Camiñada A Merca (Ourense, 07-05-2011)
Perfil
Este obra está bajo una licencia Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-SinObraDerivada 3.0 Unported.
martes, 26 de abril de 2011
III Camiñada concello de A Merca
lunes, 25 de abril de 2011
Presentación e andaina de a Broa Sendeirismo por Iago Perez (17/04/2011)
viernes, 22 de abril de 2011
Presentación e andaina de a Broa Sendeirismo por Felix Cid (17/04/2011)
Suscribirse a:
Entradas (Atom)















































