domingo, 12 de junio de 2011

Roteiro de 8,5 km. Zarracós - Salpurido - Entrambosrios - Campos - Olás - Zarracós






 Perfil Roteiro

Descrición

Saimos do campo da festa de Zarracós para dirixirnos ao piñeiral e chegar "O Couto". Saimos a estrada e aos poucos metros collemos unha canella que en lixeiro descenso nos levará ata Salpurido. Percorremos o pobo e saindo dirección o Casal deixamos a estrada, collendo o primeiro desvío a nosa dereita ata chegar a un cruce de camiños. Aqui seguiremos pola esquerda, polo camiño "da Fraga", que nos levará ata o pobo de Entrambosrios. Dende aqui seguiremos polo camiño que no fondo do pobo leva ata Campos. Saimos a estrada que sube dende Vilariño, para uns metros mais arriba, coller o camiño da dereita, coñecido como o "camiño dos mortos" ata chegar a Olás. Percorremos o pobo pasando diante da igrexa e a nosa dereita seguiremos para de novo a dereita deixar o pobo. Ao chegar ao camiño que nos levaría ata a fonte dos ollos, seguimos polo camiño ancho que sae a nosa esquerda, para chegar a estrada. Seguimos a nosa esquerda baixando pola estrada ata o primeiro camiño que sae a dereita, que polo "Loureiro" nos levará a fonte de Zarracós. Dende aqui subimos a dereita polos Trizós para coller a canella que entre soutos nos leva a estrada do cruce das santas. Dende aqui collemos a esquerda para chegar de novo ao campo da festa de Zarracós.
by-nc-nd