miércoles, 25 de junio de 2014

Xornada Voluntaria de Limpeza


Levamos algún tempo traballando para realizar a señalización dun roteiro na zona. Sen entrar en moito detalle polo de agora, este roteiro pasará por todas as parroquias que comprende o territorio de A BROA, e dicir dende a lera ata Corbillon, e terá aproximadamente 13.5 km de lonxitude.

Despois de varias configuracións ou posibilidades para o percorrido, asi como a tarefa de buscar un nome, a directiva de aBroaSendeirismo, toma  a iniciativa e está preparando un proxecto para a futura señalización do Roteiro de a Broa (nome provisional)

Con este motivo, convidamos para o vindeiro sábado 28 de xuño a primeira xuntanza de limpieza e desbroce do percorrido. O roteiro está practicamente deseñado asi como os tramos a limpar, na súa meirande parte herba, debido a choivas continúas.

Cantos máis nos xuntemos mellor, para asi poder dividir o traballo e rematar nun tempo prudencial.

Con este motivo, para as persoas que traian desbrozadoras,a gasolina correrá por conta da asociación.

O remate da xornada tamen teremos un pincho para compartir as experiencias, e tamén os gastos correran a conta da asociacion.

Esperando unha boa participacion dos nosos broeiros, 

Atentamente
O presidente.

domingo, 13 de octubre de 2013

EXPOSICIÓN "CANDO OS PENEDOS DABAN PAN" (ZARRACÓS)

Continuando coa a exposición "Cando os penedos daban pan" , agora tócalle a zona da parroquia de Zarracós. 

Lembramos que consiste en amosar en 2 paneis a transformación producida no territorio co paso do tempo. 


 Zarracós 1956                                  Zarracós 2011


Dende o pasado domingo 13, Lembrade que se pode ver en Bar Parroira.



Con estes paneis rematará a exposición que dende o mes de marzo estivo exposta no bar Parroira.

Máis información.....

martes, 20 de agosto de 2013

Xuntanza Cea Socios A BroaSendeirismo


  • MOITAS GRACIAS AOS VECIÑOS DE FONTAO POR CEDER UN ANO ANO MAIS O SEU LOCAL SOCIAL PARA A XUNTANZA DE aBROASENDEIRISMO.
  • MOITAS GRACIAS TAMÉN A JOSEFITA, ELVIRA, AMALIA E MANUEL CALVIÑO POLA LIMPEZA DO LOCAL.
  • A TODOS OS QUE ESTIVESTES AGARDAMOS QUE TODO FORA DO VOSO AGRADO E QUE DESFRUTARADES DA XUNTANZA.


¡¡¡ GRACIAS !!!





jueves, 27 de junio de 2013

Gañadores Concurso "Adiviña onde estou"

Roteiro do 30 de xuño de 2013

O 3º gañador/a do concurso "Adiviña onde estou" foi: María Luisa Fernández Alvarez.
Das 3 persoas que acertaron a situación da foto, a primeira resposta rexistrada foi a de María Luisa.

A foto empregada no cartaz do roteiro do 30 de xuño de 2013, estaba feita perto de Rubillós, unha vez cruzado o regueiro que nos da acceso o camiño que leva o inicio da canle do Ruca.
Na imaxe pódese apreciar a localización da fotografía.


¡¡¡ Parabéns a gañadora !!!
Entrega do agasallo a 3º gañadora do concurso "Adiviña onde estou"


Roteiro do 2 de xuño de 2013

Esta vez non houbo gañador do concurso "Adiviña onde estou" 

A foto empregada no cartaz do roteiro do 2 de xuño de 2013, estaba feita dende o canal do Ruca, e amosa o penedo que colga sobre o "Pozo dos Mortos"





Roteiro do 21 de abril de 2013

O 2º gañador do concurso "Adiviña onde estou" foi: Suso Martínez Fernández

A foto empregada no cartaz do roteiro do 21 de abril de 2013, estaba feita no camiño que leva de Olás a Entrambosríos, xusto onde se cruza o regueiro.
Na imaxe pódese apreciar a localización da fotografía.


¡¡¡ Parabéns ao gañador !!!

 Entrega do agasallo ao 2º gañador do concurso "Adiviña onde estou"

Roteiro do 24 de marzo de 2013

O 1º gañador do concurso "Adiviña onde estou" foi: Pablo Fernández Feijóo

A foto empregada no cartaz do roteiro do 24 de marzo de 2013, estaba feita preto de Salpurido, no camiño que nos leva a Fraga ("Camiño do piorno", na zona de "A horta").
Na imaxe pódese apreciar a localización da fotografía.


 ¡¡¡ Parabéns ao gañador !!!

 Entrega do agasallo ao 1º gañador do concurso "Adiviña onde estou"

lunes, 17 de junio de 2013

EXPOSICIÓN "CANDO OS PENEDOS DABAN PAN" (CORVILLÓN)

Continuando coa a exposición "Cando os penedos daban pan" , agora tócalle a zona da parroquia de Corvillón. 

Lembramos que consiste en amosar en 2 paneis a transformación producida no territorio co paso do tempo. 
 Corvillón 1956                                  Corvillón 2011

Dende o pasado domingo 16, Lembrade que se pode ver en Bar Parroira

martes, 14 de mayo de 2013

domingo, 14 de abril de 2013

EXPOSICIÓN "CANDO OS PENEDOS DABAN PAN"

Continúa a exposición "Cando os penedos daban pan"

Lembramos que consiste en amosar en 2 paneis a transformación producida no territorio co paso do tempo. A zona elexida se corresponde coas 4 parroquias ao sur do concello de A Merca, separadas do resto por un elemento xeográfico natural como é o río arnoia. Na imaxe seguinte se pode ver a distribucción dos paneis que abranguen as parroquias de Corvillón, Entrambosríos, Olás e Zarracós.
Mapa de localización

Empezamos pola parroquia de Entrambosríos, para continuar despois amosando as 3 restantes.Como anticipo deixamos un avance do que serán as imaxes que completan a exposición.
Lembrade que se pode ver en Bar Parroira

Entrambosríos 1956

Entrambosríos 2011

Olás 1956

Olás 2011

Zarracós 1956                                 Zarracós 2011



Máis información.....