lunes, 30 de junio de 2014

I Xornada de Limpeza Voluntaria

Gracias a todos os que participastedes, pola vosa colaboración na I Xornada de Limpeza Voluntaria.



¡ Despois dunha dura xornada non hai nada mellor que sentarse a mesa !

TRAMOS EXECUTADOS

6.-COVAS DO RÍO, HORTAS DE SALPURIDO (900 metros) :

7.- CAMIÑO DA FRAGA (1950 metros)

8.- CAMIÑO DE ENTRAMBOSRÍOS A OLAS (700 metros):

11.- CAMIÑO REAL (1300 metros):

12.- CAMIÑO REAL TRAMO PARROIRA (500 metros):


TRAMOS PENDENTES DE LIMPEZA

3.- TRAMO CAMIÑO DO POULO (700 metros):

4.- TRAMO CAMIÑO DA PORTELA, PRESA DO CHOLAS, PONTE ERMIDA (1000 metros):

5.- PONTE ERMIDA, CANDIDO, CASTELO, COVAS DO RÍO (880 metros):


TRAMOS A REVISAR

 1.- TRAMO CAMIÑO DOS PEQUENOS (400 metros):

2.- TRAMO CARBALLO DO FERREIRO CAMIÑO MAGARELOS (500 metros):

9.- CAMIÑO DA FONTE DOS OLLOS (700 metros):

10.- CAMIÑO DO PIÑEIRAL EN OLAS (600 metros):



miércoles, 25 de junio de 2014

Xornada Voluntaria de Limpeza


Levamos algún tempo traballando para realizar a señalización dun roteiro na zona. Sen entrar en moito detalle polo de agora, este roteiro pasará por todas as parroquias que comprende o territorio de A BROA, e dicir dende a lera ata Corbillon, e terá aproximadamente 13.5 km de lonxitude.

Despois de varias configuracións ou posibilidades para o percorrido, asi como a tarefa de buscar un nome, a directiva de aBroaSendeirismo, toma  a iniciativa e está preparando un proxecto para a futura señalización do Roteiro de a Broa (nome provisional)

Con este motivo, convidamos para o vindeiro sábado 28 de xuño a primeira xuntanza de limpieza e desbroce do percorrido. O roteiro está practicamente deseñado asi como os tramos a limpar, na súa meirande parte herba, debido a choivas continúas.

Cantos máis nos xuntemos mellor, para asi poder dividir o traballo e rematar nun tempo prudencial.

Con este motivo, para as persoas que traian desbrozadoras,a gasolina correrá por conta da asociación.

O remate da xornada tamen teremos un pincho para compartir as experiencias, e tamén os gastos correran a conta da asociacion.

Esperando unha boa participacion dos nosos broeiros, 

Atentamente
O presidente.