domingo, 1 de abril de 2012

1º ANIVERSARIO aBroaSendeirismo 2012


¡¡¡¡ DENDE A BROASENDEIRISMO QUEREMOS AGRADECER AO POBO DE FONTAO, EN NOME DE TODAS E TODOS, POR PRESTARNOS O SEU LOCAL SOCIAL PARA PODER CELEBRAR O NOSO 1º ANIVERSARIO. MOITAS GRACIAS !!!!

OS CÁNTICOS POPULARES: A RIANXEIRA


OS CÁNTICOS POPULARES: O MIUDIÑO



viernes, 16 de marzo de 2012

MEMORIA DE ACTIVIDADES 2011

Pequena presentación de aBroaSendeirismo e resumo das principais actividades levadas a cabo durante o ano 2011


domingo, 5 de febrero de 2012

Roteiro de 10 Km: A Parroira - Corvillón - Casaldemaus - Casaldoira - Seoane - Forxás dos Montes - Corvillón - A Parroira



  Perfil Roteiro


Descrición

Saimos do bar Parroira dirección Corvillón pola estrada. Dirixímonos a Casaldemaus polo camiño que sae pasado o forno, atravesando o pobo e voltando a sair a estrada, seguimos entre o souto polo camiño para chegar ao cruce de Forxás. Subindo hacia Forxás xiramos a esquerda para logo coller de novo a esquerda ata chegar ao camiño que ven de Campelo. Aqui seguimos a dereita por un camiño que soe levar bastante auga, ata chegar ao cruce que nos leva a Forxás. Xiramos a esquerda dirección Seoane para volver a xirar a esquerda a uns poucos metros e baixaremos polo camiño que nos levará ata Casaldoira despois de cruzar un regueiro. Entramos en Casaldoira e a dereita descendemos polo camiño que nos levará de novo a cruzar o regueiro, para despois en lixeiro ascenso dirixirnos a Seoane. Chegamos a un cruce con 3 camiños seguindo sempre a nosa dereita, e sen desviarnos seguiremos ascendendo ata chegar a outro cruce onde xiramos 90º a esquerda, para os poucos metros seguir a dereita polo camiño que nos levará ata o pobo de Seoane. Atravesamos o pobo polo rua principal e a saida collemos un camiño que sae de frente. Despois de percorrer uns 300 metros chegamos a un novo cruce, onde collemos a esquerda, e despois de xirar novamente a esquerda case 180º subiremos entre castiñeiros, sen abandonar o camiño principal. Atopamos de novo outro cruce con tres camiños, pero seguimos de frente polo camiño do medio, que nos levará en suave ascensión ata sair da zona de bosque e chegar as pistas forestais. Aqui xiramos a dereita, subimos uns 200 metros para seguir despois en descenso a pista que nos levará ata Forxás. Atravesamos o alongado pobo e ao chegar a unha aira ampla collemos o camiño de terra da esquerda que nos levará ata o outeiro de Corvillón. Chegamos a un novo cruce e collemos a nosa dereita para seguir dirección ao "penedo da nosa señora". Pero antes de entrar na zona de xesteiras desviamonos a esquerda para descender ata a estrada de Celanova. Cruzamos e baixamos polo camiño que nos leva ata a estrada de Rubías, e continuando a dereita voltaremos A Parroira.
En total son 10 Km de percorrido moi fermoso, entre carballerias, soutos, regueiros e zona alta con boas vistas sobre o Val do Arnoia. Para quen queira acortar o roteiro, pode sair e rematar en Corvillón, percorrendo só 8 Km.
by-nc-nd 

martes, 10 de enero de 2012

Roteiro do 22 de xaneiro de 2012



Roteiro de 9 Km: Parroira - Fontao - Salpurido - Cobas - Ponte Ermida - Presa do Cholas - Magarelos - A Montada - Parroira



 Perfil Roteiro

Descrición

Saimos do bar Parroira dirección Fontao. Unha vez no pobo collemos a esquerda para dirixirnos hacia Zarracós, pasando debaixo da granxa ata chegar o Couto. Despois duns metros pola estrada xiramos a dereita pola canella que nos levará ata a estrada, xiramos a esquerda e entramos no pobo de Salpurido. Saindo pola estrada collemos a dereita para os poucos metros xirar de novo a dereita para baixar polo camiño que nos levará ata Cobas. Dende aqui sairemos polo fondo do pobo polo camiño do castelo, para logo coller o camiño do Cándido e chegar ao pobo abandoado da Ponte Ermida. Dende aqui baixamos ata o rio, na presa do cholas, e logo subimos polo camiño que a nosa dereita nos levará atao camiño do briñal, perto da Portela. Seguimos a dereita e no primeiro cruce de novo a dereita e sen desviarnos do camiño chegaremos ata Magarelos. Atravesamos o pobo e subimos polas laxas que hai ao final a dereita, para coller o camiño que nos levará a Montada. Continuamos en liuxeiro ascenso ata o Seixedo e dende aqui cruzando a estrada seguiremos rectos para chegar de novo a Parroira.
by-nc-nd 

jueves, 15 de diciembre de 2011

Vai de Roteiros. Xoldreira - Verdegaia

Novo roteiro do programa VAI DE ROTEIROS
http://www.verdegaia.org/content/view/1374/1/ 
roteiro_arnoia_decembro_2011.jpgEste domingo 18 de decembro invitámosvos a participar no roteiro que organiza Verdegaia coa colaboración da Asociación Xuvenil Xoldreira polas ribeiras do Arnoia ao seu paso polos concellos da Merca e Allariz. 
Trátase dun roteiro circular dunhas dúas horas de duración nunha zona que nos últimos tempos se habilitou para estes usos. Partiremos do bar Parroira, situado na aldea de Fontao, no concello da Merca, ás dez e media. Baixaremos cara ao río polo camiño da Fraga, camiño que comunicaba a aldea de Salpurido con Entrambosríos, este xa á beira do Arnoia. Aí percorreremos a canle do Ruca, antigo proxecto de minicentral de posguerra que nunca chegou a funcionar e que recentemente foi restaurado para camiñar. Despois de apreciar os bosques autóctonos bastante ben conservados e a rica arquitectura popular, poderémola confrontar coa agresión que representa a minicentral hidroeléctrica da Merca, situada no que fora unha das zonas de ribeira mellor conservadas do país. Deixándoa atrás e despois de parar nalgún dos múltiples muíños abandonados, chegaremos a Cobas e tentaremos adentrarnos na aldea da Pontermida, antiga aldea de muiñeiros, hoxe abandonada pero enclavada nunha paraxe espectacular e de difícil orografía, o que nos dará unha idea do tipo de vida que tiña a xente do lugar hai tempo.

Seguindo río arriba chegaremos, xa no concello de Allariz, ás aldeas da Portela e Magarelos, onde poderemos ver o Muíño das Escadas, hoxe restaurado e que se caracteriza por aproveitar as augas dun regueiro que desemboca a grande altura no propio río Arnoia. Logo regresaremos ao punto de partida, onde poderemos tomar algún petisco para recuperar forzas e confrontar experiencias. 

Para pedir información do roteiro, do lugar de saída, combinar coches, etc.: xuseantonio@gmail.com


martes, 6 de diciembre de 2011

BOLETUS

 Boletus Edulis
Boletus Edulis
 Boletus Edulis
 
  Boletus Erythropus
Boletus Erythropus
******************   Ver máis fotos en Album Outono   ****************



lunes, 10 de octubre de 2011

Roteiro de 11 Km: Entrambosríos - Campos - A Medorra - Pazos - Oxén de abaixo - Oxén de arriba - Olás - Entrambosríos


 Perfil Roteiro

  • Descarga roteiro en Pdf
  • Descarga roteiro en Kml, Trk ou Gpx 


Descrición

Saímos da área polideportiva de Entrambosríos. Atravesamos o pobo para coller o camiño que nos leva ata Campos. Saíndo do pobo collemos un camiño que nos leva ata unha pista ancha que en suave descenso nos acerca preto do río. Deixando sempre o río a nosa dereita continuamos por esta pista ata cruzar a estrada e continuar ata a Medorra. De aquí imos a Pazos e logo continuamos por outra pista ancha en dirección a zona de parcelaria de Alvarín e Soutomel. Continuamos sen desviarnos ata atoparnos cun regueiro e cos muíños do Odilo. Seguimos de fronte sempre co regueiro a nosa dereita, ata chegar a unha encrucillada. Aquí teremos que cruzar o regueiro, subindo pola pista da parcelaria uns metros. No primeiro cruce collemos a esquerda e continuamos 700 metros en línea recta ata chegar de novo a outro cruce. Seguimos a esquerda ata chegar de novo o regueiro, que cruzaremos para coller o camiño que en lixeiro ascenso nos levará ata Oxén de abaixo. Continuamos polo "camiño real" e collemos o desvio a esquerda que nos achega ao Oxén de arriba. Entramos no pobo e seguimos polo camiño a dereita que en subida nos leva ata a estrada asfaltada. Seguimos a esquerda ata chegar preto da "fonte dos ollos". A dereita continuamos polo camiño fondo que nos levará ata Olás. Cruzamos o pobo e baixando por onde están os canastros, chegamos a estrada, para logo coller a dereita o camiño que nos levará de novo as pistas deportivas de Entrambosríos.
by-nc-nd