Perfil Roteiro
Descrición
Saimos do bar Parroira dirección Corvillón pola estrada. Dirixímonos a Casaldemaus polo camiño que sae pasado o forno, atravesando o pobo e voltando a sair a estrada, seguimos entre o souto polo camiño para chegar ao cruce de Forxás. Subindo hacia Forxás xiramos a esquerda para logo coller de novo a esquerda ata chegar ao camiño que ven de Campelo. Aqui seguimos a dereita por un camiño que soe levar bastante auga, ata chegar ao cruce que nos leva a Forxás. Xiramos a esquerda dirección Seoane para volver a xirar a esquerda a uns poucos metros e baixaremos polo camiño que nos levará ata Casaldoira despois de cruzar un regueiro. Entramos en Casaldoira e a dereita descendemos polo camiño que nos levará de novo a cruzar o regueiro, para despois en lixeiro ascenso dirixirnos a Seoane. Chegamos a un cruce con 3 camiños seguindo sempre a nosa dereita, e sen desviarnos seguiremos ascendendo ata chegar a outro cruce onde xiramos 90º a esquerda, para os poucos metros seguir a dereita polo camiño que nos levará ata o pobo de Seoane. Atravesamos o pobo polo rua principal e a saida collemos un camiño que sae de frente. Despois de percorrer uns 300 metros chegamos a un novo cruce, onde collemos a esquerda, e despois de xirar novamente a esquerda case 180º subiremos entre castiñeiros, sen abandonar o camiño principal. Atopamos de novo outro cruce con tres camiños, pero seguimos de frente polo camiño do medio, que nos levará en suave ascensión ata sair da zona de bosque e chegar as pistas forestais. Aqui xiramos a dereita, subimos uns 200 metros para seguir despois en descenso a pista que nos levará ata Forxás. Atravesamos o alongado pobo e ao chegar a unha aira ampla collemos o camiño de terra da esquerda que nos levará ata o outeiro de Corvillón. Chegamos a un novo cruce e collemos a nosa dereita para seguir dirección ao "penedo da nosa señora". Pero antes de entrar na zona de xesteiras desviamonos a esquerda para descender ata a estrada de Celanova. Cruzamos e baixamos polo camiño que nos leva ata a estrada de Rubías, e continuando a dereita voltaremos A Parroira.
En total son 10 Km de percorrido moi fermoso, entre carballerias, soutos, regueiros e zona alta con boas vistas sobre o Val do Arnoia. Para quen queira acortar o roteiro, pode sair e rematar en Corvillón, percorrendo só 8 Km.
En total son 10 Km de percorrido moi fermoso, entre carballerias, soutos, regueiros e zona alta con boas vistas sobre o Val do Arnoia. Para quen queira acortar o roteiro, pode sair e rematar en Corvillón, percorrendo só 8 Km.
Este obra está bajo una licencia Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-SinObraDerivada 3.0 Unported.
No hay comentarios:
Publicar un comentario