lunes, 10 de octubre de 2011

Roteiro de 11 Km: Entrambosríos - Campos - A Medorra - Pazos - Oxén de abaixo - Oxén de arriba - Olás - Entrambosríos


 Perfil Roteiro

  • Descarga roteiro en Pdf
  • Descarga roteiro en Kml, Trk ou Gpx 


Descrición

Saímos da área polideportiva de Entrambosríos. Atravesamos o pobo para coller o camiño que nos leva ata Campos. Saíndo do pobo collemos un camiño que nos leva ata unha pista ancha que en suave descenso nos acerca preto do río. Deixando sempre o río a nosa dereita continuamos por esta pista ata cruzar a estrada e continuar ata a Medorra. De aquí imos a Pazos e logo continuamos por outra pista ancha en dirección a zona de parcelaria de Alvarín e Soutomel. Continuamos sen desviarnos ata atoparnos cun regueiro e cos muíños do Odilo. Seguimos de fronte sempre co regueiro a nosa dereita, ata chegar a unha encrucillada. Aquí teremos que cruzar o regueiro, subindo pola pista da parcelaria uns metros. No primeiro cruce collemos a esquerda e continuamos 700 metros en línea recta ata chegar de novo a outro cruce. Seguimos a esquerda ata chegar de novo o regueiro, que cruzaremos para coller o camiño que en lixeiro ascenso nos levará ata Oxén de abaixo. Continuamos polo "camiño real" e collemos o desvio a esquerda que nos achega ao Oxén de arriba. Entramos no pobo e seguimos polo camiño a dereita que en subida nos leva ata a estrada asfaltada. Seguimos a esquerda ata chegar preto da "fonte dos ollos". A dereita continuamos polo camiño fondo que nos levará ata Olás. Cruzamos o pobo e baixando por onde están os canastros, chegamos a estrada, para logo coller a dereita o camiño que nos levará de novo as pistas deportivas de Entrambosríos.
by-nc-nd