lunes, 4 de abril de 2011

ROTEIRO 3_4



Pulsar sobre o mapa para ver máis grande


Perfil Roteiro 3


 Perfil Roteiro 4

Descrición

Para este roteiro se presentan duas posibilidades: Roteiro 3 de 9 Km e Roteiro 4 de 13.5 Km. Partimos do Bar Parroira polo camiño que nos leva o Seixedo. Ao chegar a estrada collemos a esquerda e nun lixeiro descenso chegamos a encrucillada do carballo do Ferreiro. Aqui nos desviamos a dereita polo camiño real dirección Magarelos. Despois dun curto paseo entre carballeiras e soutos, bordeamos un espectacular souto e chegamos a unha nova encrucillada. A dereita nos leva a Magarelos, pero nos colleremosa esquerda, para aos poucos metros desviarnos a dereita, seguindo o camiño que nos levará despois de pasar por unha zona de camiño fondo, a outra encrucillada. A dereita nos leva A Portela, pero aqui tamen collemos a esquerda camiño do briñal. Aos poucos metros nos desviamos de novo a esquerda por un camiño que percorre a media ladeira e paralelo ao rio. No primeiro cruce seguimos de frente e entramos nunha fermosa paraxe que nos levará a beira do río Arnoia, á presa do Cholas. Seguindo a esquerda e despois dunha pequena subida chegamos ao pobo da Ponte Ermida. Despois de visitar esta aldea abandonada e ver as súas magnificas vistas, collemos a pista que en subida bordea o monte do castro, para logo coller o camiño que sae a dereita. O camiño do Portugués que nos levará ao fondo de Covas do Río. O entrar no pobo collemos a dereita baixando pola pista de terra, para uns poucos metros mais abaixo subir por un camiño que sae a nosa esquerda, que nos levará aos penedos das "Moas". Subindo un pouco máis chegamos a un cruce. A nosa esquerda seguiremos ata a estrada para logo torcer a esquerda e atravesar o pobo de Salpurido (roteiro 3). Os poucos metros collemos outro camiño a nosa dereita que nos levará por unha fermosa canella ata estrada no lugar chamado "O Couto". Xiramos a esquerda e logo collemos collemos o camiño que sae a nosa esquerda. Seguimos este camiño sen desviarmos ata pasar ao carón das granxas, onde seguiremos a esquerda para continuar sen desviarnos ata Fontao. Pasamos pola fonte do pobo para logo subir ata o novo local social. Dende aquí seguimos a dereita e percorremos o pobo de Fontao ata chegar a estrada que nos leva ata o Bar Parroira.

(Roteiro 4). pasadas as Moas no cruce collemos a dereita para seguir polo camiño da Fraga. Este fermoso camiño nos leva nun lixeiro zig zag ata unha zona de soutos impresionante, sempre a media ladeira e escoitando o ruxir do río Arnoia. Continuamos por esta senda ata chegar moi preto do Monte da Lera dende onde vemos perfectamente unha antiga construción que serpentea pola marxe dereita do río, O Canal do Ruca. Continuando este camiño chegamos a Entrambosrrios. Dende aqui subimos polo camiño da escola, para logo coller a dereita outro camiño que nos levará ata estrada. Xiramos a esquerda e chegamos a Lameiro Quente. Atravesamos o pobo e xiramos a dereita para ir sempre a nosa esquerda ata chegar a unha claro onde se atopa unha casa é un palleiro. Aqui seguiremos a dereita polo camiño da Auladradia para chegar ata a Torre en Zarracós. Dende aqui baixaremos a fonte a nosa dereita para logo subir aos Trizos a esquerda e continuar pola dereita por unha canella entre castiñeiros que nos leva debaixo da Igrexa. Seguindo a dereita pola estrada subiremos o Outeiro, para despois coller a dereita e seguir recto ata o camiño que nos levará ata Fontao. Esta parte é común o roteiro 3

Pulsar sobre as fotos para ver máis grande
Fotos












by-nc-nd 








No hay comentarios:

Publicar un comentario