Obxectivos
A Asociación A Broa Sendeirismo é unha entidade sen ánimo de lucro cuio principal obxectivo é fomentar a práctica do sendeirismo, promocionando desta forma o disfrute do medio natural dunha maneira saudable. A idea da súa creación xurde dun grupo de amigos que decidimos que a nosa afición pola natureza debía canalizarse de maneira organizada para poder compartir con máis xente as nosas andainas. Aproveitando que na zona temos unha ampla variedade de camiños e corredoiras que discurren por paraxes moi fermosas, que mellor maneira de dar a coñecer e poñer en valor toda esta riqueza establecendo unha rede de camiños e podendo elexir diferente itinerarios.
Establécense como fins prioritarios da asociación:
- A Conservación do medio natural
- Achegar aos socios e participantes a cultura e cosumes das distintas áreas xeográficas onde se desenrolan as actividades
- Fomentar, promocionar e divulgar a actividade do sendeirismo
- A recuperación do patrimonio natural, histórico e cultural
Para levar a cabo os seus fins a asociación organizará diferentes actividades:
- Actividades de sendeirismo
- Actividades dirixidas aos máis pequenos para concienciar do uso, respecto e desfrute pola natureza
- Actividades para promover a necesidade de editar tripticos informativos ou guías dos sendeiros, para divulgar e promocionar os mesmos, potenciando o seu uso e conservación
- Actividades de convivencias con grupos deportivos e culturais de outras zonas
- Actividades de promoción e organización de viaxes culturais e formativos