domingo, 3 de abril de 2011

PENEDO DA VIRXE. ANO 2007

Para aqueles que crean, este é  o ritual que se asocia ao penedo da virxe, que está no outeiro de Corvillón

O Ritual para pedir por alguén : Hai que sair da casa por unha porta e logo entrar por outra distinta. Levaremos unha concha de vieira. Collemos o camiño para ir ao penedo, procurando non atoparnos nin falar con ninguén. Temos que coller 9 pedras, e o chegar ao penedo dar 9 voltas. Cada volta tiramos unha pedra e rezaremos un padre nuestro e unha ave maría e colleremos coa concha auga tirando unha vez hacia atras e outra a botamos nun recipiente que tamen levaremos. Isto o repetimos tamen 9 veces, e cada vez diremos "Conchiña da mar salada que curas o mal de ollo e a mala mirada". Despois deixaremos unha prenda de roupa da persoa pola que pedimos e voltaremos por outro camiño diferente, e entraremos na casa por unha porta distinta. Por ultimo durante 9 dias teremos que beber da auga que trouxemos do penedo..........................















No hay comentarios:

Publicar un comentario