jueves, 15 de diciembre de 2011

Vai de Roteiros. Xoldreira - Verdegaia

Novo roteiro do programa VAI DE ROTEIROS
http://www.verdegaia.org/content/view/1374/1/ 
roteiro_arnoia_decembro_2011.jpgEste domingo 18 de decembro invitámosvos a participar no roteiro que organiza Verdegaia coa colaboración da Asociación Xuvenil Xoldreira polas ribeiras do Arnoia ao seu paso polos concellos da Merca e Allariz. 
Trátase dun roteiro circular dunhas dúas horas de duración nunha zona que nos últimos tempos se habilitou para estes usos. Partiremos do bar Parroira, situado na aldea de Fontao, no concello da Merca, ás dez e media. Baixaremos cara ao río polo camiño da Fraga, camiño que comunicaba a aldea de Salpurido con Entrambosríos, este xa á beira do Arnoia. Aí percorreremos a canle do Ruca, antigo proxecto de minicentral de posguerra que nunca chegou a funcionar e que recentemente foi restaurado para camiñar. Despois de apreciar os bosques autóctonos bastante ben conservados e a rica arquitectura popular, poderémola confrontar coa agresión que representa a minicentral hidroeléctrica da Merca, situada no que fora unha das zonas de ribeira mellor conservadas do país. Deixándoa atrás e despois de parar nalgún dos múltiples muíños abandonados, chegaremos a Cobas e tentaremos adentrarnos na aldea da Pontermida, antiga aldea de muiñeiros, hoxe abandonada pero enclavada nunha paraxe espectacular e de difícil orografía, o que nos dará unha idea do tipo de vida que tiña a xente do lugar hai tempo.

Seguindo río arriba chegaremos, xa no concello de Allariz, ás aldeas da Portela e Magarelos, onde poderemos ver o Muíño das Escadas, hoxe restaurado e que se caracteriza por aproveitar as augas dun regueiro que desemboca a grande altura no propio río Arnoia. Logo regresaremos ao punto de partida, onde poderemos tomar algún petisco para recuperar forzas e confrontar experiencias. 

Para pedir información do roteiro, do lugar de saída, combinar coches, etc.: xuseantonio@gmail.com


No hay comentarios:

Publicar un comentario