Perfil Roteiro
Descrición
Saimos
do bar Parroira hacia Fontao, para seguir polo camiño dos pequenos ata o primeiro desvio a esquerda. Continuamos e despois de atravesar o lameiro baixamos pola canella que nos leva ata a estrada. Entramos no pobo de Covas e pasada a fonte seguimos a esquerda para sair do pobo por outra canella a un souto. Continuamos polo carreiro e sen desviarnos chegaremos a un cruce. Seguimos a esquerda ata chegar preto de salpurido a outro cruce. Continuamos a dereita polo camiño da Fraga ata chegar a Entrambosrios. Entramos no pobo para logo volver a sair en dirección a escola. Continuamos polo camiño e logo dunha pequena subida xiramos a dereita para seguir o camiño que nos levará a estrada que sube a Lamieroquente. Atravesamos o pobo e seguimos ata a casa do Paulino, para xirar a esquerda e polo camiño da Besada chegar O Casal. A saida do pobo collemos o camiño que a esquerda continua ata o Reguengo e o chegar o final continuamos en lixeiro ascenso polo camiño que nos leva ata o deposito da auga. Seguimos de frente sen desviarnos do camiño e chegamos o campo en Zarracós. Continuamos hacia o outeiro de Zarracós para coller o camiño que ven do Couto e continua ata Fontao. Pasada a granxa aparece un cruce, seguimos a esquerda e sen desvio entraremos no pobo de Fontao. Collemos o primeiro desvio a dereita pasando a carón dunha aira e continuamos ata chegar a estrada. Dende aqui diriximonos a Parroira.
En total son case 10 Km de percorrido moi fermoso, entre carballerias, soutos, regueiros e con vistas sobre o rio arnoia e o canal do Ruca.
En total son case 10 Km de percorrido moi fermoso, entre carballerias, soutos, regueiros e con vistas sobre o rio arnoia e o canal do Ruca.
Este obra está bajo una licencia Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-SinObraDerivada 3.0 Unported.
Este e un pequeno adiento para afiar as pernas para o vindeiro 10-6-2012,data na que se celebra a 4ªCAMIÑADA DO CONCELLO DE A MERCA.Dende A BROA animamos a todos a participar,xa que este ano pinta moi,pero que moi ben.
ResponderEliminar