O sábado 22 de setembro organizado pola asociación Monte Pindo Parque Natural, poidemos asistir a un roteiro circular, deseñado para
visitar algúns dos puntos máis interesantes da orografía do monte sacro dos
nosos antergos (O Olimpo Celta), coma o Pico Penafiel ou a Cova da Xoana e
facendo cumio na Laxe da Moa.
O obxectivo deste roteiro, é a petición de que o Monte Pindo sexa Parque Natural, para asi corrixir os graves déficits na súa sinalización, e a formación, como o único xeito de minimizar o risco de perderse.
O obxectivo deste roteiro, é a petición de que o Monte Pindo sexa Parque Natural, para asi corrixir os graves déficits na súa sinalización, e a formación, como o único xeito de minimizar o risco de perderse.
O roteiro partiu do lugar do Fieiro, para emprender o
ascenso cara á Laxe da Moa, onde fixemos cumio (627 m), desfrutando dunha das
panorámicas máis impresionantes do sur da Costa da Morte, cunha perfecta
visibilidade dende Corrubedo ata o Cabo Fisterra. Despois de rodear o pico,
collemos rumbo á Cova da Casa Xoana , unha pintoresca grota que perfora en dirección
este-oeste un outeiro. Descendemos polo Rego Candelas para visitar o Peñafiel, o famoso curuto piramidal ao que a historia atribúeun castelo derrubado pola 2ª Revolta Irmandiña, para finalmente voltar ao
Fieiro. Perto de 12 quilómetros con dificultade media-alta.
O longo do día e despois de camiñar 7 horas, poidemos
desfrutar de:
ESPECTACULARES PANORÁMICAS
RESTOS DE FORTIFICACIÓNS
FORMAS CAPRICHOSAS DA NATUREZA
INSCRIPCIÓNS MEDIEVAIS
COVAS
No hay comentarios:
Publicar un comentario