As
ribeiras dos nosos ríos son espazo de refuxio e alimento duns mamíferos
que poucas veces se poden ver: os morcegos. Coa intención de achegarnos
ao mundo destes descoñecidos mamíferos nos entornos fluviais, Proxecto
Ríos e Drosera organizan para o 20 de outubro unha xornada na Aula de O
Rexo e Allariz. O encontro “Participación social e a conservación dos
morcegos nos ecosistemas fluviais” realizarase na tarde do sábado 20 de
outubro. O obxectivo da mesma é dar a coñecer a importancia dos
quirópteros fluviais e sobre todo descubrir qué podemos facer cada un de
nós para axudar na súa conservación. (Descarrega o cartaz das xornadas)
Contaremos cunha charla sobre os morcegos e unha mesa redonda na que
se presentarán diferentes iniciativas de estudo, conservación e
voluntariado con estes interesantes mamíferos. Ao final do día haberá
unha saída de campo para identificación de morcegos.
Programa:
16.30 Presentación
Virginia Rodríguez. Coordenadora do Proxecto Ríos
Roberto J. Hermida. Drosera
16.40 Charla-debate
Importancia dos ecosistemas fluviais para os morcegos Roberto J. Hermida. Drosera
18. 00 Mesa redonda
Persoas que custodian morcegos Roberto J. Hermida. Drosera
Programa de seguemento de morcegos Quirorius Lídia Freixas Mora. Museo de Granollers
Modera: Ramsés Pérez. Proxecto Ríos
19.30 Merenda-cea
20.00 Observación e escoita de morcegos durante a actividade nocturna
Actividade gratuita e prazas limitadas. Traer lanterna e bocata
Inscricións: tlf 616 238 050 (Ramsés) email: ramses@adega.info
Iniciativa: ADEGA
Organiza: Proxecto Ríos e Drosera
Promove: Confederación Hidrográfica Miño-Sil e Augas de Galicia
Colabora: Reserva da Biosfera Área de Allariz e Centro de Educación Ambiental O Rexo.
Actividade gratuita e prazas limitadas. Traer lanterna e bocata
Inscricións: tlf 616 238 050 (Ramsés) email: ramses@adega.info
Iniciativa: ADEGA
Organiza: Proxecto Ríos e Drosera
Promove: Confederación Hidrográfica Miño-Sil e Augas de Galicia
Colabora: Reserva da Biosfera Área de Allariz e Centro de Educación Ambiental O Rexo.